Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Manifestación en apoio das Marchas da dignidade do 21M

As Marchas da Dignidade seguen a traballar para a loita unitaria e así poder cambiar un sistema inxusto, ruín e perverso que prima o interés económico sobre calquera outra cousa.

 

  • Noticias relacionadas

As manifestacións das Marchas son as máis numerosas que se lembran, pero o obxectivo non é facer manifestacións, o obxectivo é derrotar ao poder económico e poñelo ao servicio do pobo.
 
Para logralo, temos que conseguir una inmensa maioría social que loite e traballe xunta, e nesa liña seguen a traballar as Marchas, sumando cada día a máis persoas e organizacións.
 
Este ano temos un gran reto. O 21M voltamos a Madrid no aniversario do 22M , pero co obxectivo dunha folga xeral de 24 horas de traballo e consumo o 22O. Unha folga xeral convocada polas Marchas, polas persoas e colectivos que as forman. A gran manifestación de Madrid ten como obxectivo prepararnos para esa folga, e convencernos que é posible ter éxito en todas as convocatorias.
 
Coma ven sendo habitual, o día 25 de Febreiro faremos manifestacións nas principais cidades galegas para chamar ás persoas a que acudan a Madrid o día 21M. Será na Praza de Portugal ás 20:00, e percorrerá Rubine, Praza de Pontevedra, San Andrés, Rúa Nova e Obelisco.
 
En Ferrol: saída da Praza do Concello, ás 19:30.

Mércores 25 de Febreiro

Facemos un chamado a todalas persoas que estean en contra das políticas neoliberais a que acudan a estas manifestacións, que as difundan e que participen e traballen nas Marchas da Dignidade. O pobo que loita é un pobo digno.
 
PAN, TRABALLO E TEITO

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript