Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Manifestación 1 de marzo en apoio doentes Hepatite C. Os recortes matan!!!

A reivindicacións son o acceso aos novos tratamentos para todos os pacientes de hepatite C, sempre cunha priorización por gravidade, e a necesidade de transparencia na xestión dos casos.

 

  • Noticias relacionadas

A plataforma quere saber cantos pacientes están en tratamento, criterios utilizados para a súa aprobación, cales e por que son rexeitados, cantos están esperando despois da prescrición do médico. En definitiva: acceso e xestión transparente dos novos medicamentos.
 
SOS-Sanidade Pública apoia esta mobilización por:
 
- Polas políticas de recortes de recursos por encima dos dereitos dos enfermos
 
- Pola aceptación cómplice no Ministerio de Sanidade e da Consellería  de Sanidade dun prezo abusivo do fármaco sofosbuvir fixado polo laboratorio que pon en risco a sustentabilidade do sistema galego que debera págalo
 
- Pola falta de vontade por fabricar este fármaco como xenérico no Estado (pese a que xa se está a facer en diferentes países)
 
- Polo escurantismo da Consellería de Sanidade que oculta a composición da Comisión Autonómica, que regula a administración deste fármaco, que nos fai sospeitar de posibles conflitos de intereses coa industria farmacéutica

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript