Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  TAMÉN NA UNIVERSIDADE
 

O 26F, nin na casa, nin na clase. Folga estudantil!

As organizacións estudantís nacionalistas Agir, Comités e Liga, continuando coa dinámica de traballo conxunta e, abrindo un proceso de diálogo, debate e deliberación con diferentes asembleas abertas do noso país que pulamos pola defensa dun ensino para as clases populares, convocamos unha folga estudantil.

 

  • Noticias relacionadas

Vemos preciso encher as rúas, para loitar por un ensino público, galego, democrático e de calidade e, é por iso, polo que facemos un chamamento a todo o estudantado a defender o que é noso, e impedir que acaben con el.
 
O 26 de febreiro saímos á rúa contra os recortes no ensino, por unha educación pública, non patriarcal, galega, científica e de calidade!
 
Para ver o manifesto de Agir, Comités e Liga clicando aquí.
 
Lugares e horas das mobilizacións do 26 de febrero
 
O vindeiro xoves, 26 de febreiro, o estudantado galego temos que encher as rúas da Galiza de berros na defensa do ensino público galego. Bótalle un ollo ás manifestacións e concentracións, participa e difunde!
 
Manifestacións:

·         A Coruña: Praza de Vigo ás 12:00h

·         Ferrol: Praza Camilo José Cela (Diante do edificio da Xunta) ás 12h

·         Lugo: Edificio Intercentros ás 12:30 e na Horta do Seminario ás 12:45h

·         Ourense: Diante da Subdelegación do Goberno ás 12h

·         Pontedeume: porta do IES Breamo ás 10h

·         Pontevedra: Praza da Peregrina ás 12h

·         Santiago de Compostela: Alameda ás 11:30h

·         Vigo: Praza América ás 11:30h

 

Comités.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript