Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  MULLER
 

Concentracións en Galicia contra a modificación da lei do aborto

O Partido Popular que considera que as mulleres de 16 e 17 anos están en condicións de ser nais non considera que poidan ter a autonomía persoal necesaria para tomar, de ser o caso, a determinación de abortar. Desprotexe, deste xeito, a unhas 400 menores cada ano abocándoas a un aborto clandestino.

 

  • Noticias relacionadas

É contraditorio tamén que mentres se toma unha medida deste calibre, entre outras cousas:
 
• Poden manter relacións sexuais desde os 13 anos.
• Teñen responsabilidade penal a partir dos 14 anos.
• Poden facer testamento desde os 14 anos.
• Poden traballar desde os 16 anos.
... 
Porque as mulleres mozas teñen dereito ao aborto libre, seguro e na sanidade pública, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca o luns 23 de febreiro ás 20h concentracións:
Compostela: diante da sede do PP
Ourense: diante da sede do PP
Vigo: Farola de Urzaiz
Coruña: diante da sede do PP
Pontevedra: sede provincial do PP
Ferrol: diante da sede do PP
 

 
Alí estaremos!

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript