Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

RPT
A RPT ten que conciliar os intereses e aspiracións do colectivo, todos estamos afectados, neste caso moi especialmente porque case toda a proposta do xerente  é prexudicial. Parece que a Xerencia entendeu parte da mensaxe, conclúe que non é o momento de impoñer medidas que serían inaceptables, as persoas que están na negociación non poden esquecer que a proposta que se presentou como “ultimato” segue a ser para unha parte do colectivo inaceptable. Xogar ao mal menor ou ao sacrificio dunha minoría para que moitos non saian moi prexudicados non corresponde.

 

O panorama
O panorama é dantesco, coa xente desafiuzada e os parados deambulando e pedindo polas rúas. Mentres, nas pre campañas abertas, os partidos tradicionais e do sistema presumen de pasado e do ben que lle vai á economía (no caso do PP). Rifan e sacan os trapos sucios dos demais, propostas ningunhas.

A campaña electoral
Paréceme moi sensato non se deixar distraer polos vultos que se menean nos medios e ir ao miolo do asunto; á verdade en torno á "crónica dun cansazo anunciado".
Os partenaires do oprobio bipartidista, os Ginger e Fred da política española, cren que abonda con desacreditar ás esperanzas emerxentes para continuar eternamente co seu rancio espectáculo de vodevil parlamentario. Parecen non ter entendido que ata a incerteza é máis apetecible que a súa podremia de décadas; a súa xestión de amiguetes e a súa escasa empatía cos que fan posible a súa dourada realidade de parasitos aforados.

Robespierre foi un incomprendido
Hai que vivir nun Estado TERRORISTA Y SÁTRAPA, para gastarse os millóns en blacks e rescates a bandidos mentres permite desafiuzamentos executados polos mesmos LADRÓNS aos que estamos a subvencionar todos os españois. Nin a lei de seguridade cidadá vai salvalos como á cidadanía se lle inchen os vemoles. Robespierre foi un incomprendido, coa de prazas que hai repartidas polo país sen darlles bo uso.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript