Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 261 - 23/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PAS FUNCIONARIO. Eleccións sindicais

Proximamente o colectivo de PAS funcionario realizará eleccións sindicais, creemos moi interesante que todas as traballadoras e traballadores coñezamos certos aspectos do proceso.

 

  • Noticias relacionadas

 

. O proceso electoral iníciase coa constitución da Mesa electoral.
 
Composición das mesas
A mesa electoral, sexa do tipo que sexa, componse da seguinte forma:
. Un Presidente/a, que será o traballador con maior antigüidade na universidade.
. Dous vogais, que deben ser os electores de maior e menor idade, actuando este último como secretario.
. Ningún dos integrantes da mesa poderá ser candidato, e se o for terá que ser substituído polo suplente.
. Os cargos de Presidente/a, vocal e secretario/a, son irrenunciables.
 
Para ser elector ou elixible
non se esixen requisitos especiais de antigüidade ou idade, abondando con estar en servizo activo.
  
Número de representantes a elixir

. Xuntas de persoal: de 50 a 100 funcionarios
/as, cinco representantes; de 101 a 250, nove; de 251 a 500, trece; *de 501 a 750, dezasete; de 751 a 1.000, vinte e un. De 1.001 en diante elíxense dous representantes máis por cada 1.000 funcionarias/os ou fracción, co máximo de 75 representantes.
 * Corrección de erro anterior

Quen pode presentar candidatura?
. Os sindicatos legalmente constituídos ou as coalicións formadas por dous ou máis deles, que deberán ter unha denominación concreta.
. Os traballadores/ás, se está avalada por un número de sinaturas de electores/as de polo menos o triplo de postos a cubrir.
 
Condicións que deben cumprir as candidaturas
. No momento da presentación a lista deberá ter, como mínimo, tantos candidatos
/as como postos a cubrir
. Se estando completa e sen suplentes algún candidato
/a non reúne os requisitos esixibles para ter a condición de elixible, a candidatura non será válida, considerándose incompleta e sen que exista neste caso posibilidade de emenda.
 
Forma de emitir o voto
. O voto será libre, secreto, persoal e directo. Este dereito pode exercerse mediante a presenza física do elector/a ante a mesa correspondente ou por correo. En calquera caso, o elector/a debe estar incluído
/a no censo electoral e deberá xustificar a súa identidade.
. As papeletas, que deberán ser iguais en tamaño, cor, impresión e calidade de papel, introdúcense en sobres que serán iguais para todas as candidaturas, depositándose en urnas pechadas e seladas.
 
Votación por correo
Se algún traballador/a non vai a estar presente o día da votación, poderá emitir o seu voto por correo, logo de comunicación á mesa electoral que efectuará ata cinco días antes á votación.
 
Validez ou nulidade dos votos emitidos
Como criterio xeral, os laudos arbitrais e as resolucións xudiciais establecen que ao proceder ao escrutinio dos votos só deben ser anulados os que puidesen sementar dúbidas sobre a intencionalidade do/da elector/a ao emitir o seu voto.
Non obstante, tamén por resolucións xudiciais e laudos enténdese que deben ser declarados como nulos:
. Os sobres baleiros.
. Os sobres que conteñen máis dun voto de distinta candidatura ou un dunha candidatura e outro en branco.
. Os votos a candidatura en papeletas diferentes ás oficiais.
. As papeletas asinadas (por estimar que infrinxen o carácter secreto do voto).
. As papeletas que conteñen engadidos ou riscaduras.
. Os votos a candidaturas non proclamadas pola mesa.
 
Regras para a atribución de resultados
. Só terán dereito á atribución de representantes as listas que obteñan, como mínimo, o 5 por 100 dos votos válidos, entendendo para estes efectos o voto en branco como voto válido.
. O número de votos válidos (descontados non só os nulos, senón tamén os brancos e os das candidaturas que non obtivesen o 5 por 100 dos votos) divídese polo número de postos a cubrir, resultando un coeficiente que é igual ao número de votos que necesita cada representante para saír elixido.
. O número de votos conseguidos por cada candidatura divídese polo coeficiente obtido na operación anterior. O número enteiro resultante será o número de representantes que corresponde a cada candidatura. Os postos sobrantes atribuiranse ás candidaturas que obtivesen maior decimal (resto maior) na operación anterior. En caso de empate atribuirase o posto ao candidato con maior antigüidade.
. Dentro de cada lista elixirase os candidatos/as pola orde en que figuren na candidatura.
 
Caso práctico:
Censo: 800 traballadores/as corresponde 21 representantes
 

Candidaturas

Votos

A

310

B

105

C

50

D

100

Total votos candidaturas

565

Votos en branco

50

Total votos válidos

615

Votos nulos

7

Total votos emitidos

622

Abstencións

178

Total electores

800


Todas as candidaturas superan o 5% dos votos válidos (30.75 votos),
565 votos a candidaturas dividido por 21 postos a cubrir =26,90
 

Candidaturas

Votos

Dividir por coeficiente

representantes

A

310

310/26,90=11,524

11

B

105

105/26,90=3,903

4 (3+1 por resto maior)

C

50

50/26,90=1,858

2 (1+1 por resto maior)

D

100

100/26,90=3,717

4 (3+1 por resto maior)



 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript