Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN
 

Tres mil euros ao policía que vexou e machucou un fotógrafo e a unha menor (vídeo)

A fiscal do caso no que se xulga un policía nacional por lesionar durante a Xornada Mundial da Xuventude a un fotógrafo e unha moza, entón menor de idade, pediu este mércores que sexa condenado ao pagamento de dúas multas que suman 800 euros e ao dunha indemnización de 3.000 euros para o reporteiro.

 

  • Noticias relacionadas

O proceso quedou visto para sentenza nos xulgados de Plaza Castilla (Madrid), onde o axente acusado, xefe dun subgrupo da Unidade de Intervención Policial - UIP ou antidisturbios-, sostivo que non estaba no lugar dos feitos cando sucederon e achacou á "presión mediática" a súa identificación como presunto responsable das agresións.
 
"Houbo moita presión mediática e necesitaban identificar a un axente como fóra", dixo o policia ante a xuíza.
 
Nesta liña, a súa defensa solicitou a absolución e argumentou que as probas -un vídeo gravado por unha testemuña e varias fotografías achegadas polo reporteiro gráfico lesionado- son unha "montaxe".
 
Tamén achacou a identificación do axente a que é "moi coñecido" por grupos de manifestantes polo seu carácter dialogante e por integrar con frecuencia dispositivos de antidisturbios.
 
Unha menor aporreada e losqueada
Pola súa banda, o avogado das vítimas considerou que o policía cometeu faltas de lesións, humillacións e vexacións, e solicitou que o axente pague unha indemnización de 6.000 euros a cada un dos mozos, ademais de ata tres multas por un importe total de 3.200.
 
O fotógrafo destacou as molestias que supón un proceso que dura xa "case catro anos". Os feitos aconteceron o 18 de agosto de 2011, no transcurso das protestas que acompañaron a visita do Papa a Madrid cando, segundo a acusación, o axente lesionou e vexou ao fotógrafo Daniel Nuevo, quen afirmou que recibiu patadas no chan, e á moza Katherina Mínguez, que sostivo que foi losqueada. Por eses feitos o reporteiro gráfico subliñou que permaneceu ata 30 días de baixa como consta nun informe médico, mentres que o mozo non presentou parte de lesións algún.
 
Daniel Nuevo mostrouse "contento" co desenvolvemento do xuízo, aínda que destacou as molestias que supón un proceso que dura xa "case catro anos". Pola súa banda, Mínguez cualificou como "incrible" a "montaxe policial" da defensa. O incidente xulgouse despois de que o 4 de outubro a Sección 3 da Audiencia Provincial de Madrid revogase o arquivo da causa anteriormente decretado pola xuíza de Instrución número 41 de Madrid, ao considerar que os feitos non están prescritos e que se deben xulgar.
 
VÍDEO DA AGRESIÓN

 

 


Recollido de Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript