Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT

O pasado venres, día 13, o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal reuníronse coa Xerencia para negociar a modificación da RPT. Unhas horas antes de que se realizase a reunión negociadora a Xerencia enviou as consideracións ao respecto da proposta que a representación d@s traballador@s lle realizara na xuntanza anterior.

 

  • Noticias relacionadas

 

O xerente entregou:
 
Proposta para a modificación parcial da RPT e de Oferta de Emprego Público de PAS para 2015
 
Proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) para oferta de oposicións en quenda libre
 
Relación do PAS laboral temporal en prazas vacantes coa súa antigüidade
 
Custo anual promoción interna escala xeral
 
Como a Xerencia fai referencia á proposta do 24.11 poñémosvos o acceso
 
Proposta de RPT remitida pola Xerencia, modificación 4
 
A representación d@s traballador@s sinala que a entrega da documentación sen prazo para a súa análise, imposibilita a toma de decisións na reunión que se convoca.
 
A pretensión da Xerencia é que se chegue a un acordo que contemple os termos que sinala na súa proposta. De non se acadar o acordo retrasaríase a toma de decisións á negociación que, en profundidade, realizará coa Xunta de Persoal que saia das eleccións sindicais.
 
Xustifica a OEP na convocatoria a oposición libre das prazas vacantes de máis antigüidade e das que, no seu día, se paralizaran por decisión xudicial.
 
Iníciase unha rolda de palabras na que se lle pregunta pola praza de delineante, paralizada e que non aparece na relación que se entregou. O xerente sinala que se vai continuar co proceso selectivo, coa convocatoria realizada no seu momento.
 
Reclámase que se cubran todas as prazas vacantes.
 
Requírese á Xerencia a reconsideración do contemplado no apartado 5 que establece o requisito de experiencia en contabilidade pública e en xestión do gasto público para poder acceder a algunha das xefaturas dos Servizos de Xestión Financeira e de Intervención sinalando que non se entende esta esixencia nesta área mentres que non se contempla nas outras, e sinálase como unha posible introdución dun requisito que, con posterioridade, se pode xeneralizar.
 
Entende, a APA que, de se negociar a Oferta de Emprego Público, é o momento de establecer tamén os criterios para que se determine como vai a ser o procedemento, tanto de promoción como de convocatoria de prazas a oposición nas diferentes escalas de PAS. Proponse a xeneralización do procedemento establecido para a escala xeral onde todas as prazas vacantes saen a concurso e a promoción interna antes de se ofertar a oposición libre.
 
Sinala aquí o xerente a conveniencia de estudar métodos mixtos que posibiliten a convocatoria das prazas tanto a promoción como a oposición libre.
 
Insiste o xerente na necesidade de chegar a acordo en base á súa proposta, móstrase receptivo a estudar o establecido no apartado 5 da proposta e espera unha resposta da representación d@s traballador@s para convocar a seguinte reunión.
 
Coa finalidade, entre outras, de avaliar a proposta da Xerencia, a Xunta de Persoal convoca reunión para o vindeiro día 24 ás 11:30h.
 
Nas propostas presentadas e na información que as acompaña, detectamos xa erros importantes, tanto na antigüidade como na valoración económica das prazas pois non se contemplan nin os trienios (en todas) nin a “mochila” (nas prazas funcionarizadas), así como o aforro que se produce ao non seren ocupadas prazas vacantes ou por baixas nas que a universidade completa o salario (non o paga todo).
 
Seguiremos informando.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript