Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Comeza o trámite parlamentar da Lei de emprego público

Como vos informamos con anterioridade o PP ten a intención de aprobar nesta lexislatura a Lei galega de emprego público. O proxecto enviouse ao Parlamento en decembro do ano pasado e comeza agora o trámite.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os próximos pasos do proceso cara a súa aprobación serán:
 
18 de febreiro
: remata o prazo para facer emendas á totalidade
7 de marzo: remata o prazo para facer emendas parciais
10 de marzo: debátese no pleno as emendas á totalidade.
 
O goberno galego, despois de facer un paripé negociador,
aprobará, se non o evitamos, esta nova Lei dando, deste xeito un paso máis no camiño de desmantelamento da administración pública e dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript