Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Euskadi gasta 3,5 millóns en adquirir o novo tratamento contra a hepatite C

O BOE recolle hoxe a formalización do acordo marco entre o Servizo Vasco de Saúde e a farmacéutica Gilead para adquirir Sofosbuvir (Sovaldi), o novo tratamento contra a hepatite C. En total, para a subministración durante un ano, o prezo acordado é de 3,5 millóns máis IVE (uns 3,8 millóns).

 

  • Noticias relacionadas

 

O valor estimado do contrato (que inclúe as posibles prórrogas) é de 15,9 millóns, o que significa que o Goberno Vasco pode alongar o convenio durante tres anos e medio máis. Ao tratarse dun procedemento negociado sen publicidade, non podemos coñecer detalles como o número de unidades adquiridas, pero o prezo por terapia combinada de 12 semanas é de máis de 40.000 euros, segundo Médicos del Mundo.
 
Euskadi conta con 26.400 enfermos, un 40% deles en estado avanzado, segundo datos da plataforma de afectados pola Hepatite C. En xaneiro, o Servizo Vasco de Saúde asegurou que 63 enfermos xa estaban a ser tratados con Sofosbuvir na comunidade autónoma.
 
Médicos do Mundo presentou unha oposición legal á patente deste medicamento por parte de Gilead ante a Oficina Europea de Patentes. Mentres, en España, plataformas de afectados critican a pouca distribución do fármaco e debátese sobre o seu custo e a que tipos de pacientes se pode subministrar.
 
[Artigo publicado orixinalmente en el BOE nuestro de cada día]

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript