Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

“Onde nos están a levar"
Cidadáns afectados pola Hepatite C asistiron este 11 de febreiro ao Parlamento Galego para solicitar os novos fármacos para combater lle enfermidade.
Finalmente cos votos do PP en contra a proposta dos enfermos quedou anulada.
É dicir que cidadáns que estiveron a cotizar toda a súa vida para a seguridade social hoxe se lles nega a vida, o PP con esta postura demostra que son cómplices de asasinato e matan por diñeiro.

 

Corrupción
Ningunha sociedade seria e decente pode permitirse ceder o poder e o control aos aproveitados e desaprehensivos. Aínda que custe facelo comprender, porque a base e principios están na escola de nenos, no exemplo de pais, familia e amigos, e no ámbito social. Parece que esas ensinanzas están baixas e deterioradas. Temos de esforzarnos.

Grecia
Nos últimos meses os cidadáns helenos foron advertidos, ameazados e extorsionados ao máis puro estilo mafioso por todos os grandes poderes fácticos nunha campaña orquestrada a nivel global para que voten ao gusto dos mercados financeiros mundiais e agora despois das eleccións séguese coaccionando a un goberno lexítimo para que non cumpra as súas promesas electorais e siga os ditados do neoliberalismo.

PP
Agora veñen as eleccións e teñen o cinismo e a hipocrisía de postularse como defensores dos dereitos sociais, das conquistas do estado de benestar, cando recortan pensións, saqueaban a sanidade e a educación, e aínda así ,seguen enganando ao pobo que gobernan, como cando recentemente sae mentindo o presidente dicindo que temos a quinta mellor sanidade do mundo, cando realmente el mesmo, cos seus recortes deixouna no posto catorce. Esta banda de defraudadores, ladróns das ilusións populares do seu propio pobo, só merécense unha cousa, e é ser condenados ao ostracismo a perpetuidade.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript