Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O Consello de Europa denuncia que o salario mínimo interprofesional no estado español non garante un nivel de vida digno

As conclusións do Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa, que avaliou o cumprimento da Carta Social Europea conclúe que o salario mínimo establecido no estado español para os traballadores do sector privado e dos contratados da función pública "non garante un nivel de vida digno".

 

  • Noticias relacionadas

 

Na súa análise contémplase, tamén que  no estado español a xornada laboral pode exceder as 60 horas semanais nalgunhas categorías de traballadores e conclúe así mesmo que non se estableceron medidas compensatorias para todos os traballadores expostos ao tratamento de residuos de risco.
 
Denuncia, tamén, que o Estatuto dos Traballadores non garante no estado español un incremento da remuneración ou do tempo de libranza polas horas extras.
 
A reforma laboral e as políticas neoliberais dos gobernos do PP impóñennos unha situación laboral próxima á escravitude. A mensaxe difundida polo PP e vociferada dende todos os medios de comunicación gobernamentais que pretende que xa se rematou a crise, que crecemos e que a economía vai vento en popa, desméntese incluso polos organismos internacionais aos que non se pode acusar de proximidade coa esquerda sindical nin política.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript