Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 260 - 16/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  SOCIEDADE
 

A pesar da propaganda, en dous anos, a Xunta só realoxou a 43 familias desafiuzadas

Fai dous anos a Xunta anunciou que poñía a disposición das persoas desafiuzadas 500 vivendas sociais. A día de hoxe, e segundo as propias palabras da conselleira Esther Vázquez, na presentación do novo plan autonómico de vivenda só realoxaron a 43 familias.

 

  • Noticias relacionadas

 

A esta clamorosa estafa xúntase a burla da conselleira pois segundo ela, a Xunta atendeu "o 100% " das solicitudes de realoxar "que cumpriron os criterios".
 
Estamos en campaña electoral e á mentira das 500 vivendas engádese agora o compromiso de investir ata 2020 uns 50 millóns de euros ao ano en promoción de vivenda protexida e axudas ao aluguer e á rehabilitación. Dos 300 millóns que se prevé investir nestes anos, 63,6 millóns dedicaranse á prevención da exclusión social. Neste último ámbito, a Xunta prevé axudas de ata 150 euros ao mes para familias con dificultades para pagar os seus alugueres.
 
Mentira tras mentira para que esquezamos a realidade.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript