19/04/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
En 2008, o 30 por cento dos galegos falaban sempre en galego, o que supón trece puntos menos que en 2003, segundo os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística. Este descenso provocou unha subida de 8,2 puntos na porcentaxe de persoas que falan máis galego que castelán, ata situarse nun 26,4 por cento.
A porcentaxe de que habitualmente falan máis castelán que
galego subiu 3,8 puntos, ata acadar o 22,5 por
cento e o de que falan sempre en castelán subiu
cinco décimas, ata o 20,1 por cento. Por
provincias, Lugo e Ourense son as que presentan
unha maior porcentaxe de poboación que sempre fala
en galego, cun 40,3 por cento e un 41,9 por cento,
respectivamente.
As áreas xeográficas con máis falantes de galego son a Costa
da Morte e o sur de Ourense e as que menos as áreas
de Vigo, A Coruña e Pontevedra. De feito, nas sete
grades cidades o uso do galego está por debaixo da
media, acadando Santiago os mellores datos.
O uso do galego é desigual dependendo da idade da poboación.
Deste xeito, o 52,9 por cento dos galegos de máis
de 65 anos fala habitualmente só en galego e un
25,6 por cento utiliza máis galego que castelán. En
cambio, entre os rapaces de
No referente ás persoas que tomaron a decisión de cambiar a
súa lingua habitual do castelán ao galego, unhas
En 2008, o 66 por cento dos galegos de máis de 5 anos
entendían moito o galego falado, fronte ao 5,2 por
cento que o entende pouco ou nada. Con respecto ao
Doutra banda, o 54,1 por cento da poboación sabe falar galego
cun gran nivel de corrección, case 14 puntos menos
que en 2003, fronte ao 35 por cento que o sabe
falar bastante e o 10,9 restante que é capaz de
falalo pouco ou nada.
Ademais, o 45 por cento dos mozos de entre 5 e 14 anos saben
falar moito galego, o 38,6 por cento bastante e o
16,4 por cento pouco ou nada.
A familia é o medio máis utilizado para aprender galego,
concretamente polo 83,2 por cento da poboación. A
porcentaxe aumenta a máis do 95 por cento se
falamos de persoas maiores de 65 anos. En cambio,
no colectivo que vai dos 5 aos 29 anos o medio máis
habitual de aprendizaxe é a escola.En canto aos
ámbitos de uso, o 49 por cento dos pais falan
sempre en galego aos seus fillos, fronte ao 29 por
cento que o fan só en castelán.
En cambio, no ámbito laboral, un 36,8 por cento dos
traballadores galegos falan sempre neste idioma cos
seus compañeiros de traballo, o 31,5 por cento con
persoal ao seu cargo, 31 por cento cos seus
superiores e o 28,3 por cento restante cos
clientes.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript