Abril de 2010
 
 

19/04/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE/FORMACIÓN

 

Formación, un dereito do/a traballador/a.

  • De non variar a posición da Universidade e da Xunta de Persoal sobre esta cuestión, no novo plan de formación, consumarase, de novo, unha discriminación intolerable co Persoal de Administración e Servizos con contrato de interinaxe.

    • Esta discriminación no eido laboral, segundo o noso criterio, é absolutamente ilegal. Os/as traballadores/as non poden ser discriminados/as en función da súa relación contractual coa empresa e debería ostentar os mesmos dereitos o persoal fixo e o eventual.

 

O dereito á formación profesional do traballador está recoñecido en múltiples ámbitos e normativas, e diso non escapa a propia Universidade, tanto nos seus Estatutos como en convenios e normativas de desenvolvemento. Tamén o recoñecen todos e cada un dos sindicatos con representación na Universidade. Pero toda esta declaración de intencións parece que se dilúe á hora de trasladar ese dereito a normativas concretas.

Respecto da discriminación dos traballadores interinos, temporais ou eventuais, existe numerosa xurisprudencia con dispar resolución, pero no fondo subxacen sempre os principios establecidos pola Sala Segunda do Tribunal Constitucional na súa sentenza 52/1987 do 7 de maio, que no seu fundamento xurídico 4º indica que a exclusión de determinados colectivos de traballadores que non se fundamente nun motivo obxectivo e razoable é contraria ás esixencias constitucionais e legais de non discriminación.

A exclusión debe fundamentarse, e esa fundamentación será a que de pé a outros razoamentos xurídicos polos que se considerará contraria ou non a dereito unha actuación concreta. A actuación da comisión de formación, excluíndo un colectivo de traballadores sen fundamentar o motivo constitúe claramente un acto discriminatorio.

Supoñemos que subxace  no criterio da Xerencia e dalgún sindicato, aínda que non se explicita, a idea de que o gasto en formación dedicado a un traballador non fixo pode finalmente non repercutir en beneficio da institución. Esquécese neste caso que o suxeito do dereito á formación é o traballador, así como que o mesmo motivo valería (quén di que algún día non se aplique) para excluír traballadores fixos próximos á idade de xubilación.

-------------------


Tribunal Constitucional (Sala Segunda)

Sentencia núm. 52/1987 de 7 mayo

Fundamento jurídico 4º

Es de sencilla comprobación, en efecto, que este órgano judicial viene sosteniendo con reiteración:

2.º que la exclusión de determinados colectivos de trabajadores que no se fundamente en un motivo objetivo y razonable (de la que sería un ejemplo la que se funda únicamente en la duración del contrato de trabajo) es contraria a las exigencias constitucionales y legales de no discriminación -Sentencias del TCT de 13 de enero y 18 de octubre de 1984 ( RTCT 1984\778 y RTCT 1984\8295 ) y 25 de junio de 1985 ( RTCT 1985\4389 )-. La Sentencia impugnada cita a este respecto copiosa jurisprudencia, trayendo asimismo a colación la doctrina que sobre el principio de igualdad ha elaborado este Tribunal, según la cual no toda diferencia (salarial, por ejemplo) es efectivamente discriminatoria, pero sí lo es aquella que se basa en alguna de las condiciones o circunstancias enunciadas en el art. 14 de la Constitución (STC 34/1984, de 9 de marzo) ( RTC 1984\34 ), o que supone una lesión de un derecho o la vulneración de una norma (STC 59/1982, de 28 de julio) ( RTC 1982\59 ).

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript