Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da representación d@s traballador@s coa Xerencia

O pasado xoves, día 5, realizouse unha nova reunión da Xunta de Persoal e Comité de Empresa coa Xerencia da Universidade, da reunión transcendeu:

 

  • Noticias relacionadas

 

RPT:
Por decisión unánime dos órganos de representación rexeitase o proxecto presentado pola xerencia.
 
Dado que xa están convocadas as eleccións sindicais e atendendo a iniciativa do propio xerente que, antes das vacacións de Nadal apuntaba a posibilidade de acometer as modificacións imprescindibles trasladando a negociación da modificación en “profundidade” da RPT para se realizar coa Xunta de Persoal que sairá do proceso electoral.
 
A representación d@s traballador@s propón que na RP se contemple o  barrado de categorías, que se realizaría, de xeito xeral, a dous grupos, excepto o grupo A2 que, por circunstancias específicas, estaría a A1, A2 e C1.
 
O xerente amósase disposto a estudar a posibilidade de que a modificación da RPT recolla só aspectos como o que se sinalan pero amósase desconforme con que se contemple, de xeito xeral,  un barrado a dous grupos.
 
Manifesta, tamén, que deberá estudar os postos de traballo que deben ter requirimento de inglés, e sinala que na vindeira reunión que convoca para o vindeiro día 12 presentará unha nova proposta.
 
Outros temas que tamén se trataron:
 
UADI’s.
Sinálase que na xestión de procesos establecidos para as UADI aparece recollida algunha función que non se recolle na memoria da RPT, imposta sen
tan sequera transmitilo ao órgano de representación para a súa negociación, recálcase a circunstancia da carencia de persoal para a realización das tarefas encomedadas.
 
Comisión de servizos no Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
A Xunta de Persoal manifesta o seu desacordo porque é contraria á Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos.
 
O xerente sinala que, de ningún xeito, modificará a decisión tomada.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript