Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Conflito Colectivo polos recortes salariais de 2013

Despois dos ceses dos compañeiros que se funcionarizaron, o día 29 de xaneiro realizouse a reunión dos membros que forman parte do Comité para formalizar a súa constitución e determinar os cargos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 26 de xuño de 2014 admitiuse a trámite no TSXG a demanda interposta polo sindicato nacional de CCOO, O xuízo oral realizouse o 25 de setembro de 2014 ditándose a sentenza o 13 de outubro de 2014. Todo o procedemento realizouse sen que o órgano de representación d@s traballador@s, o Comité de Empresa, con maioría absoluta da CUT, tivese coñecemento.
 
O fallo sinala que “… declaramos o dereito do Persoal de Administración e Servizos que presta servizos en réxime xurídico laboral para a Universidade de A Coruña nos Campus Universitarios de A Coruña e Ferrol, a percibir  as cantidades correspondentes ós servizos efectivamente prestados con carácter previo á entrada en vigor da Lei Xeral de Presupostos  da Comunidade Autónoma de Galicia (1 de marzo de 2013), en proporción ao importe que corresponda o
u á porcentaxe reducida para cada traballador afectado polo presente conflito colectivo, durante o ano 2013”.
 
Sinala, tamén, que se advirte ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer Recurso de Casación ante o Tribunal Supremo. Sabemos que a Universidade da Coruña xa interpuxo o correspondente recurso.
 
A sentenza é unha chapuza e, a pesar do que se nos sinalou na Sala, quedamos coa dúbida de si o erro en copiar e pegar que se nos indicou é para unha sentenza que afecta ao PAS ou ao PDI laboral. Se a ledes comprobaredes que a práctica totalidade dos feitos probados non se axustan á nosa situación, teñen relación coa situación do Persoal Docente e Investigador non coa do Persoal de Administración e Servizos..
 
O feito de non ser parte no procedemento reduce a posibilidade de ter información e, á súa vez poder proporcionárvola, de todos os xeitos trataremos de seguir, na medida que estea nas nosas mans o que ocorra nesta importante demanda.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript