Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS ZARAGOZA [Outro asasinato máis]
 

En memoria de Esther. Alto ao xenocidio social silencioso

O día 5 de febreiro Esther quitouse a vida no seu domicilio da rúa Cereros (Zaragoza). Esther, de 43 anos ,esperaba precisamente o desafiuzamento da súa vivenda de aluguer para esa mesma mañá.

 

  • Noticias relacionadas

 

A familia era inquilina da vivenda desde hai máis de 30 anos e os problemas económicos de Esther provocaron a falta de pagamento de rendas que precipitou o desafiuzamento.
 
Cando dicimos que #HaiVidasEnXogo non é un slogan publicitario. Os desaloxos forzosos das vivendas habituais someten ás persoas e familias a unha presión difícil de explicar para quen non se enfrontou a ela.
 
Por iso convocamos unha concentración en memoria de Esther e de todas as vítimas deste silencioso xenocidio social. A concentración terá lugar o domingo 8 de febreiro ás 19 horas en Plaza España (Zaragoza).
 
Non esaxeramos cando dicimos que é urxente unha normativa aragonesa que impida os desafiuzamentos, é por iso que redobramos o noso compromiso coa campaña #AragónSinDesahucios e coa manifestación convocada o próximo 28 de febreiro en Zaragoza en defensa da moratoria de desafiuzamentos, a política de realoxo e o aluguer social.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript