Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

3+2. Gaña a privatización

A universidade, os estudos superiores, entre outras moitas funcións exercen, tamén, de ascensor social, posibilitando que a cidadanía con menos poder económico se dote de medios para mellorar a súa perspectiva laboral, económica e social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os copagos impostos nos estudos superiores xa supoñen unha barreira económica para que moitos fillos e fillas das clases máis desfavorecidas poidan incorporarse á universidade. Se a esta circunstancia lle engadimos que as bolsas cada vez diminúen máis o muro é imposible de flanquear para moitos e moitas.
 
A teaza aprétase de xeito definitivo coa nova estrutura de 3+2 que suporá:
 

  • ·         Degradación dos estudos de grao, que ao reducirse en tempo e cretos serán máis xeneralistas e, polo tanto, menos valorados á hora de intentar os mozos e mozas subir ao ascensor do que falabamos.
  • ·         Os dous anos de Mestrado que se lexislan serán a prezos absolutamente inasumibles para unha gran parte da poboación creándose, deste xeito unha universidade elitista e, na práctica, privada.
  • ·         Acabarán impoñéndose as denominadas “bolsas salario” que é onde teñen o filón os que impulsan estes cambios normativos e que para o estudantado suporán unha hipoteca para toda a súa vida (se atopan traballo).
 
Diante desta “imposición” neoliberal os reitores anunciaron que aprazan a 2017 a aplicación da reforma. Consideramos a posición adoptada polos máximos representantes das universidades como impropia, cicateira e covarde pois, aínda que atrasen a aplicación do decreto, acatan submisamente unha decisión que rematará definitivamente coa universidade pública que teñen a obriga de defender.
 
Este conflito só ten dúas solucións para os señores reitores, ou ben unha negativa firme a implantar esta medida nas universidades que xestionan ou unha dimisión inmediata ao demostrar a súa incapacidade de garantir unha universidade ao alcance de toda a cidadanía.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript