Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

Medios de comunicación e realidade

Os medios de propaganda ao servizo do goberno de Feijoo poñen énfase na Oferta Pública de Emprego (OPE) que realizará a Xunta de Galiza, desbórdase o entusiasmo e acóllese esta medida como un exemplo máis da recuperación da que presumen os gobernos do PP.

 

  • Noticias relacionadas

 

O que non sinalan é que a OPE presentada só recolle unha taxa de reposición do 50% e oculta circunstancias que xa denunciamos noutras ocasións como o sucesivo recorte de plantillas que se veu realizando na práctica totalidade da Administración Pública de Galicia.
 
Sen ir máis lonxe A Consellería de Medio Rural subcontrata con empresas privadas as brigadas helitransportadas mentres que amortiza 130 postos na RPT.
 
Os medios de comunicación que sobreviven coas subvencións do goberno pintarannos unha situación que nada ten que ver coa realidade, correspóndenos ás traballadoras e traballadores, situar as cousas no seu real contexto, seguimos padecendo  recortes de postos de traballo, salariais e sociais non o podemos esquecer e temos a obriga de denuncialo.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript