Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 259 - 09/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  AMNISTÍA INTERNACIONAL
 

Amnistía Internacional alerta contra a definición vaga e imprecisa do delito de terrorismo tras o pacto PP-PSOE

O Grupo Popular no Congreso, xunto co Partido Socialista Obrero Español (PSOE), aprobarán previsiblemente nos próximos días a reforma do Código Penal, que inclúe unha definición tan ampla e vaga sobre terrorismo que dereitos como a liberdade de expresión e información poderán verse limitados.

 

  • Noticias relacionadas

 

Aínda que para a organización introducíronse algunhas melloras ao texto respecto da primeira versión, Amnistía Internacional cuestiona que a tipificación do delito de terrorismo respecte o principio de legalidade.
 
"Esta reforma amplía de xeito tan vago os delitos de terrorismo que é difícil recoñecer que condutas poden ser sancionables e, polo tanto, temos serías dúbidas de que se respecte o principio de legalidade. Tamén nos preocupa que poida conducir a sancionar a protesta, tanto na rúa coma en Internet, ou condutas que non teñen natureza terrorista", declarou Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional España.
 
"O mesmo sucede coa prisión permanente revisable, que se eludiu mencionar de tal maneira que se remite, de xeito xenérico ao tempo máximo previsto no Código Penal, sen especificar a pena correspondente nin que os mecanismos de revisión desta sexan efectivos,".
 
"Esta amplitude na definición de terrorismo podería levar á arbitrariedade, que non debería caber nunha reforma de tal calado como o Código Penal,".
 
"Dende a experiencia de Amnistía Internacional, as definicións vagas e amplas de terrorismo poderían ser instrumentalizadas polos Estados para reprimir actos pacíficos ou limitar dereitos humanos".
 
Amnistía Internacional, que está a revisar o texto de xeito máis detallado, considera que se introduciron melloras con respecto á primeira versión de emendas presentadas polo Grupo Popular no marco da tramitación do Código Penal. En concreto, a organización valora de xeito positivo que se incluíse o elemento de "finalidade" para cualificar un delito como delito de terrorismo. Non obstante, as finalidades contidas na Proposición de Lei son aínda demasiado amplas e vagas e non de todo compatibles coas normas do dereito internacional.
 
"Diversos organismos internacionais de Nacións Unidas pediron a España precisamente unha reforma no sentido contrario: dirixida a definir de xeito máis preciso os delitos para aliñarse cos estándares internacionais de dereitos humanos".
 
"Tamén nos preocupa o procedemento polo que se levou a cabo: unha norma que afecta a dereitos humanos debería aprobarse co maior debate parlamentario posible e consultando á sociedade civil e aos órganos do Estado", concluíu Esteban Beltrán.
 
https://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/espana-amnistia-internacional-alerta-contra-la-definicion-vaga-e-imprecisa-del-delito-de-terrori/?utm_source=FBPAGE&utm_medium=social&utm_term=Freedom_of_expression&utm_content=News-codigopenal-Spain-20150205&utm_campaign=Awareness_education

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript