Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  MANIFESTACIÓN POLA LINGUA
 

8 de febreiro. Polo presente e o futuro da nosa lingua

O domingo 8 de febreiro a PLATAFORMA QUEREMOS GALEGO convoca a todo o pobo galego a unha manifestación multitudinaria para defender a súa lingua.

 

  • Noticias relacionadas

Desde a comarca da Coruña QUEREMOS GALEGO pon ao dispor de todas e todos nós a posibilidade de nos desprazar en autobuses, con achegas que financien parcialmente o prezo total do desprazamento. Na nosa comarca vimos de acordar que haxa unha achega xeral de 5 € (ida e volta), que será de 3 € para estudantes e persoas desempregadas. 
 
Para reservar praza só tedes que cumprimentar este 
formulario web.
 
Tedes toda a información sobre a manifestación na web de
QUEREMOS GALEGO.
 
Podedes adherirvos ao
MANIFESTO DE APOIO Á MOBILIZACIÓN e imprimir o CARTAZ para difundirdes este grande acto pola nosa lingua no voso centro de traballo ou de estudos, na vosa localidade ou barrio ou no ámbito social no que vos movades
 
Polo presente e o futuro da nosa lingua. 
POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS.
 
 
Autobuses para o 8 de febreiro.
 
FERROL

 
Saída perante á Casa do concello de Narón (Pza de Galiza s/n) ás 9:45 h.
Paradas:

  • Ferrol – Avenida de Esteiro, diante do local comarcal da CIG, ás 10h.
  • Caranza, Fene e Vilar do Colo.
Prezo: Colaboración voluntaria coa plataforma QG de 3€ por persoa.
Apuntarse en: local da CIG (981358750) 981352676 / 663075074 (deica as 12 horas do día 6 de febreiro)
 
A CORUÑA
 
Cómpre anotación previa chamando ao local comarcal da CIG da Coruña (981 169 293) ou cubrindo o formulario dispoñíbel en
https://docs.google.com/forms/d/1_GX4FKTKPks74VZDQeyRzfx238_8sAvYTwdPh8ZkNWw/viewform
O prazo para anotarse remata o venres 6 ao mediodía.
Custo: 3 € por persoa para colaborar nos gastos organizativos.
Saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza. Posibilidade de parada noutras localidades da comarca (enviar correo a acorunha@queremosgalego.org para preguntar).

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript