Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Coruña, acordos da asemblea

Coruña, a asemblea das Marchas da dignidade, na súa ultima reunión tomou os seguintes acordos.

 

  • Noticias relacionadas

 

– Aprobouse traballar con compromiso, dentro das posibilidades de cada colectivo, para a manifestación en Madrid do día 21 de Marzo (data definitiva confirmada despois da asemblea estatal en Cangas). Quedaron anotadas dez persoas que se comprometeron a traballar.
 
– Aprobouse facer unha faixa das Marchas para promocionar o 21M, e levar esa faixa a todos os actos nos que participe a Plataforma.
 
– Aprobouse facer as accións típicias de promoción con faixas nas pontes, cartaces, etc.
 
– Aprobouse participar nas manifas de promoción do 21M das sete principais cidades galegas, constatando que poden ser calquera día agás o 5 de febreiro ou o 5 de marzo.
 
– Aprobouse falar con colectivos en loita para que se sumen as Marchas (ALCOA, Praceiras Santa Lucía, etc)
 
– Aprobouse facer asembleas de rúa para falar do 21M e das Marchas, con creación de panfletos informativos, volantinas, etc. e crear un grupo de traballo que poda levar esas charlas, guión, falar, dinamizar, etc. As asembleas serán nos barrios da cidade e tamén na Comarca. Considerouse que é crucial saír á comarca. Hai compromiso de acudir a Cambre, Betanzos, Oleiros, Culleredo, Arteixo e Carballo. A esas charlas hai que levar papeis para apuntarse no tren.
 
– Aprobouse facer un formulario na web, coma sempre, e facer “billetes” en papel para vender, con logo do 21M nunha cara e un formulario no reverso. Aprobouse tamén dar un prazo dende que se apunta unha persoa na web para que pague en conta o billete.
– Se está a xestionar o tren para toda Galicia, aínda non se pode saber o precio. Camaradas de Renfe traballan na xestión.
 
– Proposta de traballar na Folga Xeral con intensidade por parte, principalmente, das organizacións sindicais presentes nas Marchas, que son as que mellor coñecen o proceso.
 
– Proposta de elaboración de guión para as asembleas na rúa, queda pendente que alguén se apunte para facelo. O guión ten que estar baseado no manifesto galego.
 
– Quedou claro que hai que facer esforzos para que o 21M sexa un éxito para que tamén o sexa a folga xeral de traballo e consumo do 22 de outubro. As Marchas da Dignidade foron exitosas nas súas principais mobilizacións, é un feito. O que deixa claro que se traballamos con responsabilidade, o 21M será outro éxito da loita unitaria que implican as Marchas.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript