Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA
 

Máis unha vez, o Concello de Santiago pon impedimentos á celebración dunha manifestación de Queremos Galego

O Concello compostelán comunicoulle á plataforma que non autoriza nin o enganche ao alumeado público nin proporcionará un xenerador aínda que os precedentes xudiciais xa confirmaron a obriga do concello de facilitar estes medios. O Concello de Santiago continúa na liña marcada por Conde Roa e Angel Currás de pór todas as trabas posíbeis ás mobilizacións en defensa do galego.

 

  • Noticias relacionadas

 

Santiago de Compostela 30 de xaneiro de 2014-. A Plataforma cidadá Queremos Galego recebíu hoxe unha notificación do Concello de Santiago onde se nega autorización para conexión ao alumeado municipal, ben directamente, ben por medio dun xenerador do Concello, para desenvolver o acto final da manifestación masiva prevista para o 8 de febreiro.
 
Segundo indicou a plataforma cidadá, que aglutina máis de 600 colectivos, o concello “oponse máis unha vez a todo o que teña a ver coa defensa activa da lingua galega a través da mobilización cidadá”, e faino “malia contar con precedentes xudiciais en contra desta postura”.
 
A plataforma cidadá lembra que esta actitude non é nova, “é a mesma que mantiveron os anteriores alcaldes de Santiago neste mandato, Conde Roa e Ángel Currás”. “Como non poden parar ás miles de persoas que se dirixirán a Santiago a se manifestaren polo futuro da nosa lingua, pensan que cortando o son poderán calalas”, sinalou o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa Marcos Maceira.
 
Para Maceira, “a única enerxía que precisamos é a das miles de persoas que a pesar do goberno da Xunta e dos impedimentos do Concello de Santiago, actúan todos os días para o noso idoma siga vivo e que veremos en Santiago o 8 de febreiro” aínda que, engadíu, “non estamos dispostos a ceder diante da vulneración dun dereito cidadán, polo que se é preciso voltaremos conseguir nos xulgados o que o Concello insiste en nos negar”.
 
Por último Maceira fixo un chamado ao novo alcalde Agustín Hernández, a que evite a confrontación xudicial e deixe de pór limites ao que en Galiza, en Santiago como a súa capital, é o natural, a lingua galega e a liberdade de expresión.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript