Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  INTERMON-OXFAM
 

Gobernar para as elites: riqueza extrema e abuso de poder

Como cada ano, o Foro Económico Mundial reuniuse en Davos. Do 22 ao 25 de xaneiro de 2015, os principais líderes financeiros, empresariais e políticos do mundo analizaron os problemas máis urxentes que enfronta o planeta..

 

  • Noticias relacionadas

 

Hoxe a metade da renda mundial está en mans do 1% máis rico da poboación, cuxa riqueza ascende a 110 billóns de dólares. Esta cifra é 65 veces maior que o total da riqueza que posúe a metade máis pobre da poboación mundial.
 
Esiximos aos líderes que acorden un obxectivo de redución urxente da desigualdade, non só polo seu impacto negativo en termos económicos e de xustiza social, senón pola ameaza que o incremento da desigualdade supón para o exercicio dunha verdadeira democracia baseada no interese da maioría.
 
A través do informe "Gobernar para as elites", denunciamos que o aumento da concentración de poder xera unha riqueza extrema que perpetúa a desigualdade, supón unha ameaza para un modelo social baseado na inclusión e igualdade de oportunidades, e pon en perigo os sistemas democráticos.
 
Do devandito Informe destacamos 2 frases:
 
"A masiva concentración dos recursos económicos en mans duns poucos supón unha grande ameaza para as democracias"
 
"Sete de cada 10 persoas viven en países onde a desigualdade económica aumentou nos últimos 30 anos"
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript