Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN
 

Comunicado de apoio ás compañeiras detidas en Coia (Vigo)

Mentres dirixentes e partidos políticos se manifestan a favor da liberdade de expresión con motivo do atentado terrorista de París, a escalada de represión e criminalización da protesta social segue en aumento no estado español.

 

  • Noticias relacionadas

 

Durante as mobilizacións veciñais que tratan de impedir a instalación dun barco nunha rotonda no barrio de Coia (Vigo), supoñendo un gasto inxustificado e inmoral nunha cidade na que, como no resto do estado, a xente malvive nos barrios mentres ve proliferar no seu ámbito obras faraónicas, tres veciños, S., Xurxo e Diego (este último membro da Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social Baladre), foron detidos.
 
Abel Caballero, alcalde do PSOE de Vigo, puxo todo o seu empeño en criminalizar a protesta veciñal, usando medios de comunicación afíns como altofalantes das súas falacias e terxiversacións. Ademais, co fin de acalar a protesta e violentar á veciñanza, non tivo o menor reparo en usar a policía local como instrumento represor ao seu servizo: tres detencións arbitrarias e inxustificadas, vinte e cinco persoas con cargos ante a Fiscalía, numerosas multas...
 
As loitas de pobos e barrios, así como as do sindicalismo combativo e de clase, están a ser duramente reprimidas por empresas e institucións públicas, a través das súas forzas de represión policiais, a xudicatura e unhas leis que, cada vez máis, se puxeron ao servizo dos intereses do capital e as oligarquías dominantes. O recente caso de Alfon, condenado a 4 anos de cárcere pola súa participación na folga xeral do 14 N en 2012 tras un xuízo cheo de irregularidades, súmase a unha longa lista de activistas condenadas pola súa militancia. É unha ofensiva en toda regra contra a lei de folga, o dereito de manifestación e de reunión e as leis que garanten a liberdade de expresión.

 
A próxima aprobación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza, é un paso máis na armazón legal que se está a elaborar para silenciar a disidencia ideolóxica e reprimir a protesta social, sinal inequívoco da debilidade dun sistema que a falta de argumentos e ante o incremento da contestación cidadá, unicamente sabe responder coa represión.
 
Queremos mostrar noso total apoio ás compañeiras detidas no barrio de Coia en Vigo por defender os dereitos sociais e o noso total rexeitamento ás políticas de represión. As loitas das xentes de Coia son as nosas.
 
Se nos tocan a unha, tócannos a todas.

 
Asamblea Canaria por el Reparto de La Riqueza (ACRR)
Centro Social Okupado Taucho
Confederación General del Trabajo (CGT)
Espacio Sociocultural La Casa
Radio Pimienta
Asamblea intercorralas de Málaga
Grupo Andarivel de Cantabria
Asdecoba (Salamanca)
Zambra Málaga
CaMot (Xàtiva)
Parroquia de Santa María de Nazaret en el Barrio de Buenos Aires
CGT
Marea roja Alacant
Toma la Plaza Alacant
No somos delito Alacant
Zambra Cuenca
BERRI-OTXOAK (Plataforma Contra la Exclusión Social y Por los Derechos Sociales)
Erletxea, Irun
Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE
Asociación de Vecin@s Santiago de Nuevo Gijón, Perchera y la Braña...
Asamblea de Gamonal
ODS-Coia
GAS
Espazo Aberto Antimilitar
Asociación Kanguras, criando en brazos
STOP Desafiuzamentos A Coruña
15M Monte Alto A Coruña

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript