Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Calma chicha
Os que vivimos situacións nas que estamos á espera de que algo importante suceda e que pode ser prexudicial para o futuro, neste caso laboral, vivimos a espera como se fose unha carga adicional. Nas conserxerías de Ferrol e tamén supoño que na da Reitoría da Coruña, estamos nesa situación, cando sabemos que hai unha reunión ben sexa da xunta de persoal ou co xerente, sempre pensamos que pode ser a definitiva, que nesa reunión tivo que falarse algo da situación e estamos ollo avizor para saber conclusións. Non estaría demais que se nos informase claramente da convocatoria e das decisións tomadas

 

A riqueza
A creación de riqueza non se produce polo capital e o traballo unicamente. Se o producido entre un e outro deses dous factores non se vende, non hai creación de riqueza. Logo faltamos no esquema vostede e eu e todos os demais. A riqueza créase por todos e conséguese e confirma co comprador final. Outra cousa é como se debería distribuír, sobre a base do dito, esa riqueza creada. Dicimos que o mercado regula os prezos, pero se isto fose así non se producirían beneficios desproporcionados respecto do investimento de capital. Se os hai, que os hai, é porque o prezo que nos cobraron é desproporcionado e non o regulou o mercado. E a partir de aquí, todas as consideracións que deberiamos engadir sobre o regulamento da repartición, ou destino, da riqueza creada, máis alá do que se poida considerar xusta compensación a cada factor que intervén. Recordan que se falou da refundición do capitalismo?. Que demos podía querer dicir?. Podemos imaxinalo?.
Eu creo que si.

Desarrollismo
Algúns dirán que son pesimista pero en absoluto: a única salvación do home é cambiar o capitalismo e convertelo noutra cousa: quizais un capitalismo non orientado ás ganancias por enriba de todo ( xa non sería capitalismo), un sistema orientado ao beneficio humano e social, ao ben común. Ou isto ou desaparecemos porque antes de que desenvolvamos un método para colonizar outros planetas ya nos teremos cargado a Terra, o único lugar do universo no que a día de hoxe podemos sobrevivir. A natureza humana é finita e como tal soamente pensa no inmediato, no presente, na ganancia a curto prazo. Non pensa en que seguindo por este camiño en 100 ou 200 anos cargámonos o planeta. 100 ou 200 anos é moi pouco tempo a escala universal, estamos a chegar ao límite como especie. Hai que parar este desenvolvemento toleado. O noso progreso non pode seguir dependendo deste crecemento absurdo e desmedido, desta estúpida economía virtual.

Grecia
O máis incrible de todo é que se a memoria non me falla, ningún dos "listos" que falsificaron as contas gregas "pisaron o trullo", ou se lles humillou como se fixo coas familias gregas.
Por certo, toda a culpa é do debedor? o prestamista non corre riscos?
Espero que lles vaia ben, e non precisamente, polo que a "nós nos poida tocar".

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript