Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  DEREITOS HUMANOS
 

Varios grupos parlamentarios solicitan ao Goberno español asilo político para Hassanna Aalia

Amaiur, ERC, BNG, Geroa Bai, PNV, Izquierda Plural, Nueva Canaria e Coalición Canaria impulsaron unha proposición non de lei para instar ao Goberno español a que deixe en suspenso a orde de expulsión contra o activista saharauí Hassana Aalia e para solicitar que se lle conceda asilo político.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os grupos parlamentarios de Amaiur, PNV, Geroa Bai, ERC, BNG, Esquerda Plural, Nova Canaria e Coalición Canaria presentaron unha proposición non de lei na que recordan que Hassanna Aalia foi xulgado sobre a base de «falsas acusacións» e que foi sometido a un xuízo sen garantías procesuais.

Os asinantes da iniciativa sosteñen que de ser expulsado e entregado ás autoridades marroquís, o activista saharauí corre «un grave risco de permanecer en prisión para o resto da súa vida».

Bilbo acolleu unha manifestación en apoio ao mozo saharauí, convocada por máis de 40 sindicatos, partidos e organizacións sociais.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript