Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Como gañar diñeiro desafiuzando bebés de vivendas públicas

Na mañá do venres 23 de xaneiro de 2015, un dispositivo duns cincuenta policías antidisturbios executou o desafiuzamento de Wilson Ruilova e Cecilia Paredes, de 35 e 43 anos, e os seus tres fillos, de 16 e 7 anos e mes e medio de idade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) entraron á vivenda golpeando a porta cun ariete, sen que os activistas Stop Desafiuzamentos, que formaran unha barricada detrás a porta, puideran impedilo.
 
A vivenda, sita no número 68 da Avenida das Sortes do barrio de Vallecas de Madrid, foi adxudicada á familia cando era de protección oficial polo Concello de Madrid en 2009 a través da Empresa Municipal de Vivenda y Suelo (EMVS).
 
A EMVS, para reducir a súa débeda, que ascendía a 630 millóns, vendeu 1.860 vivendas públicas por 128,5 millóns, cos seus inquilinos dentro, a Fidere, filial en España do fondo voitre de investimento estadounidense Blackstone, entre elas a de Wilson e a súa familia.
 
O modus operandi dos fondos voitre consiste en comprar, a prezo moi baixo, débeda pública de entidades próximas á quebra, para despois intentar cobrar a totalidade do seu valor.
 
Wilson, electricista no paro, e Cecilia, coidadora tamén no paro, e os seus fillos viven cuns ingresos mensuais de 391€ ao mes procedentes dun subsidio do Estado cos que non poden facer fronte ao aluguer, que de 480€ subiu ata 700€.
 
Intentaron negociar con Fidere un aluguer ao que puidesen facer fronte, sen éxito.
 
FONTE. PERIODISMOUMANO
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript