Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PDI. Concentración de delegad@s sindicais na Reitoría contra o Real decreto lei de 3+2

Atendendo á convocatoria realizada polos sindicatos CCOO, UGT, CSIF e CIG, o pasado día 30 realizouse unha concentración de delegad@s sindicais do PDI na Reitoría da Universidade da Coruña. Aínda que o motivo da acción reivindicativa é moi importante, e a pesar de recibir algún correo convidando á comunidade universitaria a participar na acción, o número de persoas concentradas non foi moi numeroso.

 

  • Noticias relacionadas

A razón da convocatoria, que se realizou en todas as universidades, deriva de que ese mesmo día 30 o Consello de Ministros aprobaba o Real decreto lei que permite implantar graos universitarios de tres anos.
 
A desregulación prevista no decreto é un paso máis no proxecto privatizador e elitista que o goberno ten preparado para a universidade pública. O RDL abre a porta á implantación de graos de tres anos fronte aos catro da actualidade e a ampliación dos mestrados de un a dous anos. Esta circunstancia ten varias implicacións; por un lado, desvalorízanse os estudos de grao aos que, como moito, serán aos que poida acceder a clase traballadora, e por outro, os elevados prezos dos másteres e a práctica inexistencia de bolsas expulsarán da universidade o alumnado con menor poder adquisitivo.
 
Se ben concordamos co motivo e o momento da convocatoria (estivemos presentes), discrepamos co cartel difundido. Se a lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, é imprescindible que toda a comunidade universitaria fagamos do galego a lingua vehicular en todas as ordes. Neste terreo os sindicatos debemos estar á cabeza na labor de concienciación.
 
Os sindicatos que convocaron a mobilización emitiron un comunicado (esta vez en galego) que a CIG enviou por correo electrónico a todo o PAS.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript