Febreiro de 2015
 
 

NÚMERO 258 - 02/02/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

O PAS e o Plan de Equilibrio

O PAS da Universidade de Compostela comeza a organizarse para facer fronte ás medidas contempladas no Plan de Equilibrio que o reitor pactou coa Xunta pero que non transmitiu á comunidade universitaria que, a día de hoxe, descoñece o que nel se contempla.

 

  • Noticias relacionadas

As traballadoras e traballadores van coñecendo parte do nel reflectido pola indiscreción de algunha das persoas que si saben o contido do acordo e, mesmo ao día seguinte de ter xuntanza coa Xerencia coñecen por terceiros a decisión da amortización dalgunha praza.
 
Así as cousas as traballadoras planean a realización dunha asemblea conxunta do PAS funcionario e laboral para facer fronte á situación.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript