Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Ano electoral, tamén na universidade
Estamos en ano electoral, os políticos afánanse en mostrarnos a súa mellor cara, como as mensaxes teñen que ser positivas reláxase un tanto a presión, mesmo estes días o Banco Central Europeo anunciou a compra de débeda dos países do euro para suavizar a situación que observan encamiña aos cidadáns a opción electorais que non son do seu agrado. Aparte das eleccións municipais ... tamén creo que tocan eleccións na universidade, é posible que a tensión que vivimos nestes últimos anos (acción social, RPT’s, funcionarización...) se relaxe un tanto e o sr. reitor se poña o traxe das eleccións, os zapatos de visitar centros, servizos e se faga un lifting facial para dar a mellor das imaxes apoiando ao seu sucesor, el xa non se pode presentar de novo, no medio de todo ese relax igual se lle pode obrigar a facer concesións, temos que estar alerta e listos para aproveitar o momento en beneficio colectivo porque o PAS ten que ser unha prioridade para este e para os que o sucederán.

 

RPT
Facendo memoria sobre como se afrontaron negociacións anteriores (teño que sinalar que son parte dos traballadores que se funcionarizaron), comezamos case sempre moi fortes e fomos debilitando as posicións a medida que transcorrían as negociacións. Abonda con mirar outras negociacións de RPT anteriores e mesmo a funcionarización na que se pretendía non perder e que os aforros revertesen no colectivo e perdemos e os aforros nas cotizacións foron para o PDI, no que se refire á negociación da RPT en marcha debe ser determinante a preservación dos dereitos e da dignidade de todo o PAS, nisto non podemos ceder nin un só centímetro.

Dignidade, saúde e xustiza
Non son unha pedra. Necesito moitas cousas para vivir dignamente. Quen queira seres inertes traballando para el, que non conte comigo. Que todos esteamos ben equivale a un mundo mellor. Négome a saír á rúa e que a miña vida, non valla nin os zapatos que levo postos. Dignidade, saúde e xustiza para todos por igual.

Mercado laboral?
Resulta que as palabras, o seu mesmo sentido preforman as conclusións.
Alejandro Nadal asegura e demostra que "En realidade non existe o chamado mercado laboral "
http://www.jornada.unam.mx/2013/01/16/opinion/032a1eco
Pola miña banda opino que nin tan sequera existe nin existiu nunca o mercado.
Cómpranse e venden cousas, continuamente, pero non baixo réxime de mercado.
A mera existencia de axentes con poder absoluto de mercado converte o pretendido merado nunha farsa.
Unha negociación entre axentes tan desiguais non é unha negociación e tampouco hai competencia cando os contendentes nin parten das mesma liña de saída nin o fan baixo similares condicións.
O empregador é en esencia un abusador do traballo en tanto que "negocia" a compra de traballo desde unha posición de dominio.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript