Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A AGDSP esixe a Feijoo menos disculpas e máis recursos

Ante a información de que o gran reponte da epidemia de gripe en Galicia está colapsando os servizos hospitalarios por falta de camas, o que condiciona que os boxes de urxencias están cheos de persoas que deberían estar ingresadas e que moitos deles acaben sendo derivados a centros privados, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar:

 

  • Noticias relacionadas

1.- Que esta situación, que se repite cada ano por estas datas, é consecuencia da escaseza de recursos asociada á política de recortes sanitarios da Xunta de Galicia que reduciu o gasto sanitario en 460 millóns, o persoal en 2.094 sanitarios e pechado 275 camas hospitalarias, mentres que a paralización do plan de Mellora de Atención Primaria (deixou 1000 prazas por crear e o 65% do orzamento previsto sen investir) perpetua os problemas de capacidade resolutiva deste nivel.
 
2.- Consideramos inaceptable que ante esta situación, que afecta á atención de saúde da poboación galega, o presidente Feijoo máximo responsable dos recortes, non teña outra actitude que solicitar desculpas.
 
3.- Desde a Asociacion esiximos que en lugar de desculparse o que debería facer é cambiar de política, repoñer os recursos sanitarios suprimidos e si non pode ou non quere (por ir contra os seus principios neoliberais) presentar a súa dimisión
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript