Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  MANIFESTACIÓN POLA LINGUA
 

Convocatoria plenario comarcal de Queremos Galego da Coruña

Prezadas compañeiras. Prezados compañeiros. Como seguro que xa sabedes, a plataforma cidadá Queremos Galego acordou a través dos seus órgaos nacionais a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro domingo 8 de febreiro en Compostela.

 

  • Noticias relacionadas

Os motivos para moverse pola lingua de noso son, unha vez máis, evidentes a ollos vista, mais son sen dúbida os alarmantes datos sobre o uso social do galego dados a coñecer polo IGE e a descarada manipulación da realidade por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo os que motivan a necesidade de exixirmos, mediante a nosa presenza masiva na rúa, un cambio de rumo urxente no proceso normalizador. Con ser moi negativa, a situación non é irreversíbel sempre e cando haxa vontade de mudar as cousas.
 
Para que a mobilización do 8 de febreiro sexa de novo un suceso histórico cómpre o esforzo de todas e todos, de cada unha e cada un de nós, desde cada colectivo social e desde cada localidade, dando a coñecer a convocatoria, informando e animando a participar.
 
Coa finalidade de organizarmos o traballo preparatorio para a manifestación na nosa comarca convocamos unha asemblea do plenario comarcal de Queremos Galego na Coruña para o vindeiro luns 26 de xaneiro ás 19.30 na biblioteca da Asociación veciñal de Monte Alto da Coruña (Campo de Marte).
 
Se non podedes acudir fisicamente á xuntanza, agradecémosvos que nos indiquedes que traballo concreto poderíades realizar no ámbito que vos sexa máis próximo.
 
Grazas adiantadas pola vosa colaboración e unha aperta
 
--  
Plataforma Cidadá Queremos Galego!
Comarca da Coruña
acorunha@queremosgalego.org
queremosgalego.org

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript