Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN . Ignacio Escolar
 

Segue a purga na policía que investiga a corrupción

Cando ao PP lle vai mal un xuízo non só cambia de xuíz: tamén cambia de policía. Por terceira vez desde que Mariano Rajoy está no poder, o seu ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, destituíu a un dos principais comisarios que investigan a corrupción: ao xefe dos axentes que husmean na Gürtel e no financiamento do PP.

 

  • Noticias relacionadas

O primeiro foi o comisario xeral da Policía Xudicial, Enrique Rodríguez Ulla. O ministro botouno aos seis meses de nomealo  porque Rodríguez Ulla ordenou unha investigación sobre o ático de Ignacio González sen informar os seus superiores.
 
O seu substituto, foi José García Losada, un comisario que xa estivera neste posto durante a época de José María Aznar. O ministro cesouno hai pouco máis dun ano por non ser capaz de frear os informes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) que deixaban mal a dirixentes do PP, como a entón ministra Ana Mato. No seu lugar nomeou a Santiago Sánchez Aparicio. Pero a purga na policía non acabou aí.
 
Baixo as ordes do comisario xeral da Policía Xudicial hai varias unidades. Unha é a UDEF. Outra, igual de sensible–que está dentro da UDEF–, é a Brigada Central de Investigación de Branqueo de Capitais e Anticorrupción.
 
Na brigada Anticorrupción, o comisario xefe era o veterano José Luís Gudiña. Acaba de caer. A súa substitución púxose en marcha en maio, pero a publicación da noticia por parte de Pedro Águeda en eldiario.reverteu o nomeamento. Tras sete meses, o ministro decidiu seguir. No seu lugar, nomearon a Manuel García Catalán, un home da máxima confianza do comisario xeral Santiago Sánchez Aparicio. García Catalán non ten experiencia algunha en delitos económicos. Que máis dá.
 
Outro comisario baixo a lupa é o da UDEF: Manuel Vázquez. Hai un ano, o ministro Fernández puxo en marcha a súa destitución, pero outra información publicada na prensa –en ElConfidencial.com – detivo a operación. Segue no posto, pero baixo presións constantes por non poder controlar a Manuel Morocho, o axente da UDEF que traballa de xeito conxunto co xuíz Ruz. E desde Asuntos Internos –a nova Policía política do ministro– chegouse a interrogar a varios axentes da UDEF por supostas filtracións da Gürtel.
 
Catro comisarios en menos de tres anos. Seis xuíces para o caso Gürtel-Bárcenas. “Facemos o que podemos”, dicíalle Mariano Rajoy a Luís Bárcenas un par de anos atrás.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript