Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS) DAS UNIVERSIDADES GALEGAS
 

MANIFESTO POLA SUBSISTENCIA DUN SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO (SUG) PÚBLICO

Como sabedes comezaron as negociacións para a aprobación do V PLAN DE FINANCIAMENTO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA. Coa finalidade de presentar unha fronte común aos recortes que o goberno da Xunta ven realizando e para evitar que se reflictan, unha vez máis, neste novo Plan, @s compañeir@s do PAS da Universidade de Compostela tomaron a iniciativa de que a representación do PAS nos Claustros das tres universidades discutamos, aportemos o que consideremos oportuno e asinemos un MANIFESTO POLA SUBSISTENCIA DUN SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO (SUG) PÚBLICO.

 

  • Noticias relacionadas

O documento base xa está en mans da representación do PAS no Claustro da Universidade da Coruña (APA e o compañeiro que se presentou en solitario), para posibilitar as achegas que consideredes pertinente realizarlle, facémolo público.
 
Somos conscientes de que, aínda sendo importantes porque unifican criterios, cos pronunciamentos e manifestos... non chegará para que as demandas neles expresadas se leven a efecto, sabemos que os pronunciamentos, manifestos... hai que complementalos coa mobilización, así llo transmitiremos @s compañeir@s das outras universidades galegas agardando que este sexa o comezo dunha fronte conxunta cara a loitar por unha universidade pública, galega e de calidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript