Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 257 - 26/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Sobe o paro e a precariedade en Galicia

Segundo a EPA do IV trimestre do ano 2014 remata o ano en Galicia con 263.800 desempregados/as o que representa una taxa de paro de case o 21%, e 5.500 desempregados/as máis que no trimestre anterior e nun ano no que se produciu unha perda de poboación de máis de 29.000 persoas.

 

  • Noticias relacionadas

A precariedade instálase nas novas contratacións, á perda de máis de 29.000 postos de traballo a tempo completo engádense os case 12.500 máis a tempo parcial.
 
A reforma laboral e as políticas neoliberais impostas polo PP, t
anto no estado como en Galicia, fan estragos no mercado laboral posibilitando o despedimento, practicamente gratis, de postos de traballo fixos para seren substituídos por traballador@s ás que se lles impón a máis absoluta precariedade tanto no aspecto laboral como no económico e social.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript