Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

CCOO e UXT traizoan a loita polo tren

O recente acordo sobre os novos dereitos sindicais que se vai aplicar tralas eleccións no ADIF botan por terra, co apoio de CCOO e UGT, os recursos dos comités provinciais en favor das estruturas estatais e dos representantes “institucionais”.

 

  • Noticias relacionadas

A problemática laboral no ferrocarril non é facilmente entendíbel sen facelo dende unha perspectiva histórica. Anteriormente o persoal traballador gozaba duns dereitos sindicais propiciados polo acordo de refundir as eleccións de centros de traballo en eleccións de comités provinciais. Situación que beneficiaba á propia empresa pero, sobre todo, á representación da clase operaria que podía contar con máis persoal liberado que dando centralizados os recursos e permitíndose unha gran acumulación e unha mellor optimización. Ademais aforrábase en multitude de procesos electorais e favorecíase a interlocución ó dar cabida a un comité intercentros que, sen pasar polas urnas, era doadamente elixíbel como resultado dos amentados procesos provinciais.
 
O que se estilaba anteriormente era o que se denominaba Pleno de Representantes onde o persoal traballador delegaba nunha persoa interlocutora por cada centro de traballo a nivel do Estado. Deste xeito, levábanse a cabo con considerable eficacia as reunións de negociación colectiva, seguridade e saúde de empresa, formación e outras.
 
Para pórmonos en situación, pensemos que, por cada provincia, en Renfe Operadora había unha cumprida cantidade de centros de traballo. Cada estación aberta que tivera máis de 6 membros do persoal xa era considerado como tal. Despois estarían tamén o resto de servizos ocupándose das vías e das obras, de cambiar sinais, catenaria, talleres, intervención, maquinistas, etc...
 
Os recursos que posuía o sindicalismo no ferrocarril eran nosos por lei a pesar da mala prensa cara a figura da persoa liberada xerada, en ocasións, por descoñecemento ou a través dunha desinformación imbuída. A nota negativa, tamén hai que dicilo, é que estes dereitos permitiron que nas organizacións do réxime as grandes federacións dependesen dos recursos sindicais acadados no ferrocarril. Deste modo non é difícil ver a bastante persoal liberado de CCOO e UGT que hai moito que non visten o uniforme de traballo ou que non pisan unha vía ou un anden. Tal como pode acontecer noutras grandes entidades como Telefónica ou Correos, poñamos por caso.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript