Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  SINDICALISMO DE CLASE
 

Comunicado de solidariedade do sindicalismo de clase con LAB

Os sindicatos asinantes deste comunicado queren amosar o seu rexeitamento á recente detención de 19 persoas en Euskal Herría, entre elas, varios avogados e avogadas do sindicato LAB, cuxas sedes foron, así mesmo, rexistradas.

 

  • Noticias relacionadas

Desde o noso punto de vista, todas estas actuacións pretenden crear un clima de medo e inseguridade, e criminalizar persoas e organizacións vascas, como o sindicato LAB, nun momento de gran mobilización do pobo vasco que saíu á rúa de xeito masivo o pasado sábado 10 de xaneiro. Neste sentido, non é casual que a operación tivera lugar precisamente o día despois da masiva manifestación que tivo lugar para esixir a liberación dos presos e presas vascos, e a resolución do conflito por vías democráticas e dialogadas.
 
Desde o sindicalismo de clase do estado español esiximos a liberación inmediata das persoas detidas e o cese da represión en Euskal Herria. Así mesmo, queremos trasladar toda a nosa solidariedade e apoio ao sindicato LAB e ás persoas e organizacións vascas que traballan pola normalización social e política do país.
 
13 de xaneiro de 2015
 
CUT Galicia.
CGT
CNT
SAT de Andalucía
Intersindical Valenciana
ESK
CSI de Asturies
IAC de Catalunya
COS de Catalunya
CSC de Catalunya
Solidaridad Obrera
COBAS
FSOC de Islas Canarias
Intersindical Canaria
CUT de Aragón.
Intersindical de Aragón.
Confederación Intersindical

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript