Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  O OUTRO SINDICALISMO
 

O cinismo do sindicalismo do réxime

O secretario xeral de CCOO volveu vender fume no Foro de Nueva Economía. Antre o público a Ministra, Fátima Báñez e Cándido Mendez, secretario xeral da UGT, antre numerosas perlas do Réxime. Fernández Toxo escenificando de pavo real, tivo que facer encaixe de Camariñas para casar o cántico ás bondades do últimos acordo que asinaron con Goberno do PP e a mediocre crítica á suba do SMI. Esperpéntico!

 

  • Noticias relacionadas

Toxo manifestou que a prioridade de CCOO para o 2015 está na mellora salarial e na implementación da renda mínima garantizada, simple palabrería e demagoxia. Chegou a afirmar que a negociación colectiva vai ben, será para el, porque para a maioría de traballador@s que aínda teñen traballo, simplemente non existe.
 
Nun alarde de cinismo chegou a afirmar, que non sairemos da crise, mentres non se acaden os estándares anteriores á mesma. Mágoa que non dixera tamén como. Será a través do Pacto Social permanente? Será someténdose máis ainda á Patronal? Por suposto non nos dixo nada da necesidade da Folga Xeral. O cinismo do sindicalismo do Réxime chegou a extremos que dan medo.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript