Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A Xunta de Persoal da área da Coruña presenta denuncia na Fiscalía polas deficiencias no servizo de urxencias

Mentres que a conselleira de Sanidade responsabiliza @s doentes da saturación do servizo argüíndo que non se vacinaron contra a gripe. E Feijoo responsabiliza á gripe da situación de colapso dos servizos de urxencias. As traballadoras e traballadores denuncian as deficiencias do servizo, sinalando que se están vulnerando dereitos fundamentais dos/as doentes e que se pon en serio risco a súa seguridade.

 

  • Noticias relacionadas

@s trballador@s veñen denunciando desde fai tempo as deficiencias do servizo de urxencias sen que se tomase ningunha medida para que se solucionasen. Denuncian que por mor das deficientes condicións do servizo de urxencias que, ao seu xuízo, vulneran dereitos fundamentais das e dos doentes, estase a poñer en serio risco a saúde da poboación.
 
Sinalan, tamén, que as condicións nas que se presta a atención sanitaria atentan contra a seguridade e a propia dignidade das e dos doentes, e se aínda se presta unha boa atención é pola altísima profesionalidade das traballadoras e dos traballadores.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript