Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Conflito Colectivo polo recorte salarial imposto no ano 2013

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ben de admitir a trámite a demanda de Conflito Colectivo interposta polo noso sindicato contra a Universidade da Coruña polo recorte salarial imposto polo goberno do PP na Xunta e reflectido na Resolución da Xerencia do 18 de xuño de 2013, pola que se ditan instrucións para a aplicación da redución retributiva disposta nos artigos 37 e 38 da lei 2/2013, do 27 de febreiro, de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013

 

  • Noticias relacionadas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sinala, tamén, o día 5 de febreiro de 2015 para a celebración do acto de conciliación, e, no seu caso (de non chegar a acordo, que previsiblemente será o que suceda) posterior xuízo.
 
O conflito colectivo afecta @s arredor de 300 traballador@s que naquel momento formaban parta do colectivo de PAS laboral, reclamándose que, en función do establecido nos Convenios Colectivos de aplicación, a estrutura salarial e retribucións a percibir polos traballadores para o ano 2013, teñen que ser as mesmas que viñan percibindo até entón, e en consecuencia, se deixe sen efecto a redución salarial efectuada.
 
A teor das sentenzas que neste sentido ven ditando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estimamos que a resolución será positiva.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript