Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Ferrol existe
Si, constatamos que Ferrol existe para os que gobernan na universidade. Somos un espazo pequeno e, neste campus, traballamos menos persoas que na Coruña, iso fai que nos coñezamos case todos e teñamos constancia do devir de cada un de nós. Sabemos das dádivas e das persecucións. En Ferrol, aparte da, en moitísimos casos, difícil situación individual somos un verdadeiro campo de experimentación. Que ninguén pense na Coruña que lle é alleo o que pase en Ferrol. O que hoxe é unha medida estrambótica, denigrante e que vai en contra dos dereitos dos traballadores e que consigan implantar na colonia, mañá terana na Coruña sen que deixe de ser estrambótica, denigrante e que vai en contra dos dereitos dos traballadores. Aviso.

 

A outra reforma laboral
Eu collería a todos os órganos con siglas como FMI, BCE, CE, etc... e eliminaríaos de golpe. Como pouco, varios centenares de chupópteros deixaría de cobrar por non facer nada. Iso se que é unha boa reforma laboral.

Economía sostible
Aos políticos propóñolles agora que non encontraron petróleo en Canarias que se lean o informe de Greenpeace sobre recuperación económica con renovables e creación de emprego e aforro nos fogares para un modelo sostible.
http://www.greenpeace.org/espana/es/Informes-2014/Octubre/La-recuperacion-economica-con-renovables/
E aos canarios parabéns.

Explotación
Recentes consideracións na área de emprego en Europa constatan que en España moitos desocupados se aburriron, e xa nin buscan nin teñen ningunha ilusión de encontrar emprego. E que hai unha eiva no emprego xuvenil, inadmisible.
Credes que os políticos españois se deron por aludidos, Durmirán mal esta noite?. Seguro, que nin o un nin o outro. Pero os caraduras, que viven da contribución dos españolitos repetirán que isto mellora, e demais discursos podres e atrasados que xa coñecemos. Insinuarán que a culpa é dos parados: que hai que estar máis disposto, esforzarse máis e formarse. Que doado, cando a eles lles cae como o maná, claro que da man do pobo.
Que propoñen en Bruxelas?. Mais reforma laboral. Oio algo de 500 euros nunha panadaría por 8 horas os sete días da semana. Contratos lixo?. Non. Se nos deixamos levarannos a 1880.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript