Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Feijoo aprobou os seus orzamentos para 2015

O DOG do día 30 de decembro publica a Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015. Como era de esperar establece que “As retribucións anuais do persoal ao servizo das entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia non experimentarán incremento respecto das vixentes o 31 de decembro de 2014“.

 

  • Noticias relacionadas

Artigo 35. Retribucións adicionais do persoal ao servizo das entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia
 
O importe das retribucións adicionais correspondentes aos complementos retributivos autonómicos vinculados ao recoñecemento ao labor docente, ao labor investigador, po­los cargos de xestión e á excelencia curricular docente e investigadora que, se é o caso, lle correspondan ao persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor non experimentarán, na súa contía anual, ningunha variación respecto das vixentes o 31 de decembro de 2014, sen prexuízo de que sobre elas se practiquen os axustes precisos para acadar a retribución sinalada no artigo anterior.
 
Artigo 36. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provi­sión de necesidades de persoal do Sistema universitario de Galicia
 
Un. As universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia, respectando as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos, aplicarán unha taxa de reposición de como máximo un 50 por cento ás prazas dos corpos de catedráticos de universidade e de profesores titulares de universidade e mais ás prazas de persoal de administración e servizos...
 
As correspondentes convocatorias deberaas autorizar a Consellería de Facenda, logo de acreditar que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta o cum­primento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a correspondente universidade, nin dos demais límites fixados na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript