Xaneiro de 2015
 
 

NÚMERO 256 - 19/01/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

2015, un ano de retos

Nos vindeiros días producirase o cese d@s compañeir@s que se funcionarizan no segundo proceso, a toma de posesión terá efectos radicalmente diferentes para cada un dos colectivos (laboral e funcionario) que conformamos o PAS.

 

  • Noticias relacionadas

O PAS laboral reducirá substancialmente o número de traballador@s o que suporá unha diminución, tamén, do número de representantes no Comité de Empresa. O Comité segue vixente, tal e como vos informamos nun artigo anterior até que, como mínimo, se cumpran os catro anos dende a súa actual composición.
 
Efecto contrario prodúcese no  PAS funcionario onde se conforma un colectivo cun número moi importante de traballadores e traballadoras o que axudará a plantarlle cara, con maior fortaleza, ás situacións que se nos aveciñan que, no horizonte máis próximo son, entre outras cousas:
 
RPT .- É imprescindible e urxente que os órganos de representación e, de ser posible, de xeito unitario, establezan o proxecto de actuación cara a abordar a negociación, proxecto que, unha vez elaborado debe ser presentado ás traballadoras e traballadores que son, en última instancia, quen debe decidir o camiño que ten que seguir a representación d@s traballador@s na mesa de negociación.
 
Eleccións Sindicais. A piques de rematar a vixencia da actual Xunta de Persoal aproxímase o proceso de novas eleccións. Nós colaboramos, desde fai tempo, co colectivo de traballador@s que conforman a candidatura asemblearia APA e propoñémonos participar, de xeito individual, na candidatura que se presentará ás vindeiras eleccións. Consideramos que esta opción aberta, participativa e horizontal
, tendo como eixo a defensa da universidade pública, galega e comprometida co entorno social no que desenvolve as súas funcións, é o mellor xeito de vehiculizar as demandas das traballadoras e traballadores.
 
Noutra orde de cousas, no PAS funcionario, haberá que iniciar
tamén o procedemento para reclamar a restitución do ilegalmente recortado no ano 2013.
 
Neste ano teremos que abordar reivindicacións históricas como o catálogo de funcións e o manual de procedementos
 
Os retos son moi importantes
. Para dar a resposta que en cada caso corresponda e coa finalidade de acadar os obxectivos que nos propoñamos, será imprescindible a participación de tod@s na toma de decisións sendo a unidade o factor determinante á hora de actuar na defensa dos dereitos e intereses do colectivo.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript