Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 255 - 22/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Orzamentos 2015

O 19 de decembro de 2014 a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco, presentou na sesión de Consello de Goberno o orzamento da Universidade da Coruña para o ano 2015, un orzamento que como en anos anteriores non cobre as carencias que o colectivo do PAS está a sufrir.

 

  • Noticias relacionadas

O orzamento 2015 increméntase en 1.278.578,77€, un 1,1%, pasando de 114.923.507,25 a 116.192.086,0€.
 
Un punto importante é que os ingresos no Capítulo III diminúen con respecto ao 2014 en 77.100 €. Neste capítulo a maior diminución provén da diminución dos ingresos en matrículas (500.000 €). Por unha banda é salientable o esforzo que a UDC está a realizar conxelando as taxas de matriculación facilitando o acceso aos estudantes á formación nesta época nas que moitas familias o están pasando moi mal, mais por outra banda vese unha diminución de estudantes que pode ser devido a que a UDC non ofrece titulacións atraentes ou con recoñecemento no mundo laboral.
 
No Capítulo IV, transferencias correntes a Xunta de Galicia incrementa á súa asignación en 716.060,90 € y no Capítulo VII increméntanse as subvencións finalistas do Estado e da Xunta, incrementándose este capítulo en 1.733.401,24€.
 
Con respecto aos gastos o Capítulo I increméntase en 1.519.822,60 € (1,81%) ata os 85.391.720,67€, que cubrirá o incremento vexetativo e os atrasos devengados da paga extra do 2012.
 
Con respecto á acción social o orzamento previsto é, máis ou menos, o mesmo que no orzamento 2014, polo que se seguirá a pagar do noso peto unha parte desta acción social.
 
O orzamento do 2015 é máis elevado que o do 2014 mais non cobre as necesidades desta universidade co fin de dar un servizo á sociedade e
, ademais da sociedade en xeral, pagarémola os traballadores e traballadoras da institución e principalmente o PAS que nos últimos anos fomos os máis prexudicados e os que máis aforro xeramos á UDC co proceso de funcionarización, entre outros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript