Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 255 - 22/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

As Marchas da Dignidade fixan a súa axenda para o 2015

A pasada fin de semana celebrouse en Madrid a asemblea de coordinación estatal das Marchas da Dignidade. O compañeiro Manolo Camaño estivo presente representando á CUT. Tamén asistiu a dito evento o compañeiro Xosé Carlos Costoya en representación da Columna Galega.

 

  • Noticias relacionadas

A esta asemblea asistiron a case totalidade de organizacións sindicais e políticas que conforman as MdD, así como os máis importantes movementos sociais do estado.
 
Esta asemblea das MdD valorou como moi positivo o resultado das mobilizacións que tiveron lugar en todo estado español o pasado 29 de novembro, entre outras o Ocupemos o Obradoiro. Nese mesmo sentido, analizouse e volveuse a denunciar as corporacións sindicais CCOO e UGT, diante do intento de suplantar o chamamento do 29, onde, cun oportunismo inclasificable, trataron de desvirtuar o noso movemento.
 
No eido dos acordos acadados, quedou establecida a axenda para o ano 2015, que se concretaría no seguinte:
 
1º.- Mobilización multitudinaria en Madrid o sábado 21 de marzo, co formato do 22M. Estaría por definir no vindeiro encontro de coordinación estatal no mes de xaneiro, os aspectos técnicos e loxísticos de dita mobilización.
 
2º.- Convocatoria do 1º de Maio feita polas Marchas da Dignidade. Este acordo non significa invisibilizar o papel dos sindicatos clasistas e alternativos, máis ben enténdese a necesidade de compartir o protagonismo cos movementos sociais, na liña eetratéxica da unidade obreira e popular.
 
3º.- Convocatoria de Folga Xeral, obreira, social e de consumo o 22 de outubro.
 
No mesmo sentido de concrecións, aprobáronse darlle o apoio a mobilizacións sectoriais e asumidas polas MdD, contra a pobreza e a exclusión social, solidariedade cos estudantes mexicanos, campaña contra a Lei Mordaza, mobilizacións das PAHs e o 8 de marzo apoiar decididamente as mobilizacións sobre os dereitos das mulleres.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript