Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 255 - 22/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo da reunión do Consello de Goberno do día 19/12/2014

O pasado venres reuniuse o Consello de Goberno co punto estrela da aprobación, se proceder, dos orzamentos e o Plan Operativo Anual para o ano 2015. A posición do PAS foi tan tallante como o ano pasado cando se aprobaron os orzamentos para o ano que está a piques de rematar.

 

  • Noticias relacionadas

Informe do Reitor:
Sinala que o vindeiro día 22 realizarase unha nova reunión do Consello Galego de Universidades na que, ademais de tratarse temas de trámite vai para informe a implantación de dous grados novos en CESUGA (universidade privada instalada na Coruña). Anunciou que o informe da UDC será desfavorable pois os grados que se propoñen xa se ofertan no Sistema Universitario Galego.
 
Vicerreitora de Planificación Económica
O día 10 de decembro realizouse a primeira reunión do Plan de Financiamento das universidades públicas. Non se tomou ningunha decisión, non obstante analizouse o documento presentado pola representación da Xunta e falouse dos indicadores que servirán de base para o “reparto”. A seguinte reunión está prevista para finais de febreiro.
 
Vicerreitora de Estudantes
Informa da implantación da nova aplicación informática para xestión de revistas, comunica que xa se realizaron os cursiños para @s usuari@s
 
Secretario Xeral
Informa que non se aceptaron as alegacións que a UDC presentou aos orzamentos para o ano 2015. Sinala,  tamén, que non obstante, varios dos artigos que se emendaban sufriron modificacións no trámite parlamentario.
Comenta sucintamente os resultados das eleccións recentemente realizadas.
 
Xerente
Hoxe, día 19, publícase no DOG o nomeamento do PAS laboral que superou a proba na segunda fase do proceso de funcionarización. En concreto, na primeira fase funcionarizáronse 192 traballdor@s, nesta segunda fase fixérono 44 e o colectivo de PAS laboral quedará con 22 efectivos dende o 19 de xaneiro.
 
Punto 4.- Aprobación, se proceder, dos proxectos de orzamento e Plano Operativo Anual (POA) para o exercicio 2015.
 
Despois da intervención da Vicerreitora de Planificación Económica para expoñer os puntos esenciais do novo orzamento ábrese unha quenda de intervencións da que resumimos o máis salientable:
 
Rosa Meijide Faílde (PDI) veu a sinalar que mentres que se reduciron, nestes últimos anos, as prazas de PDI no PAS non aconteceu tal cousa. Derivou a súa intervención pola redución media que sufriu o PDI respecto do PAS.
 
Xosé Portela (PAS), en resposta á intervención de Rosa Meijide, comezou sinalando a situación do colectivo de PAS respecto do PDI, concretamente:
 

·          O PAS laboral ao que represento non ten incremento de efectivos dende a RPT de 2005, interesaríame saber a que RPT de PDI retrotraen as reducións de prazas que se mencionan nese colectivo
 

·          Coa funcionarización do PAS laboral produciuse un aforro, polo tanto un incremento no Capítulo I, de máis de 500.000€ dos que o PAS non viu nin un só euro, polo tanto gozouno o PDI.
 

·          O Pas, en aras á “optimización dos recursos” (humanos neste caso) viuse abocado a varios procesos de “integración”, en macro-conserxarías, UADIS, UXAIS.... Na universidade de Compostela, a raíz da súa situación económica van reducir Departamentos e cargos docentes, vaise tomar algunha iniciativa deste tipo na UDC?.
 

·          O PAS ven sufrindo, de xeito sistemático, intrusismo profesional por parte do PDI, en prazas de xefatura de servizos, aos que no colectivo denominamos comisarios políticos ou ben fontaneiros. Vai rematar esta circunstancia?


 

Unha vez deixado clara a situación do colectivo ao que represento vou sinalar os feitos que me levan a votar en contra dos orzamentos que se nos presentan
 
 

·          Voto en contra por coherencia co votado o ano pasado cando se presentaron os orzamento para o ano 2014 impoñendo o copago na acción social.
 

 ·         Voto en contra tamén coherentemente coa decisión da Mesa Sindical que reclamou na partida de acción social o mesmo orzamento que no ano 2013, no camiño de que sexa dotada co 1,5% da masa salarial.
 

·          Voto en contra pola diferenza de trato que recibimos o PAS en comparación co PDI ao non se contemplar no proxecto orzamentario nin un só euro no concepto de gratificacións nin en horas extraordinarias, mentres que si se contemplan para o PDI.
 

·          Voto en contra porque o orzamento que se presenta está detrás do proxecto de RPT que a universidade nos puxo enriba da mesa e que é inaceptable para o persoal ao que represento.
 

·          Voto en contra porque entendemos que a Universidade debe ser máis belixerante coa Xunta e o Goberno do Estado que impoñen na administración pública e, nomeadamente, na Universidade Pública uns recortes intolerables, recortes que finalmente reflíctense neste proxecto e que afogan á nosa universidade.


 Reitor
Intervén para acláralle á profesora que a diminución en PDI producírase pola circunstancia transitoria de solapamento de titulacións.
 
Os Orzamentos apróbanse con voto en contra de Nuria Vieira e Xosé Portela e coa abstención dunha representante d@s est
udantes (Sonia Beltrán)
 
Punto 11. Quenda aberta de intervencións
 
Xosé Portela
Publicadas as nóminas no portal do empregado constátase que ao persoal laboral non se lle reintegra a cantidade que, ao noso entender, lle corresponde da parte devengada da extra de de 2012 ao se proceder do mesmo xeito que ao persoal funcionario, reintegrándoselle a terceira parte de 44 días cando o recorte realizado no 2012 fíxose en cómputo anual.
Non espero unha resposta neste Consello de Goberno, solicito, como xa fixen polas vías ordinarias, unha reunión co xerente para tratalo.
Ao pouco do remate da reunión o xerente púxose en contacto para sinalar que se vai a revisar a situación remitindo ao luns para clarificar a situación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript