Decembro de 2014
 
 

NÚMERO 255 - 22/12/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

Recoñecemento de antigüidade ao persoal laboral temporal

O DOG do luns, día 15, publica unha norma pola que se establece o mecanismo de recoñecemento de trienios para o persoal laboral temporal, en base a distintas sentenzas e xurisprudencia.

 

  • Noticias relacionadas

A decisión xustifícase en base a que:
 
O 22 de decembro de 2010, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea dita unha sentenza que obriga o Estado español a aplicar a Directiva/CE 1999/70, que sinala que o persoal interino ou temporal ten dereito á percepción de retribucións en concepto de antigüidade (trienios).
 
Así mesmo, o Tribunal Supremo, en diversas sentenzas, aplica o criterio de igualdade no recoñecemento de antigüidade ao persoal laboral temporal nos mesmos termos que ao persoal laboral fixo, agás que os criterios de cómputo de antigüidade, diferentes para cada colectivo, veñan xustificados por razóns obxectivas.
 
Tendo en conta a dita sentenza, así como a xurisprudencia do Tribunal Supremo e numerosas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que recoñecen o dereito destes traballadores a percibir retribucións en concepto de antigüidade polos servizos prestados en calquera Administración pública, faise necesario modificar a normativa autonómica que limita o recoñecemento do complemento salarial de antigüidade para o persoal laboral temporal aos servizos efectivamente prestados na Administración da Xunta de Galicia, exclusivamente, como tal persoal, incluído no ámbito do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e recoñecerlle para estes efectos os servizos prestados en calquera Administración pública.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript