Número 254- 15 de decembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

RPT

    Enviouse a todo o PAS da UDC a información sobre a reunión dos seus órganos de representación realizada o pasado día 11. Ese mesmo día, como tamén se sinalou na comunicación enviada, unha comisión formada por un representante de cada sindicato e agrupación electoral presente na reunión procedeu a comunicarlle ao xerente a decisión de pospoñer a negociación da RPT, pois dadas as substanciais diferenzas entre a proposta da xerencia e a da representación d@s traballador@s, é imprescindible ter o tempo necesario para confeccionar unha proposta de RPT alternativa.

 UNIVERSIDADE
    @s traballador@s que desenvolven as súas tarefas nos centros e servizos localizados na Zapateira padecen unha sobreexposición ao gas radon. O último informe enviado polo xerente á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa e que fai referencia á Facultade de Filoloxía, así o certifica.
HAI QUE BOTALO!

    O goberno de Alberto Nuñez Feijoo leva tratándonos como parvos e mentíndonos dende hai anos (ben é certo que coa nosa calada por resposta).

MEDIOS DE DESINFORMACIÓN

    La voz de Galicia destaca por ser un dos medios de comunicación máis subvencionados do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o xornal da Coruña encárgase da maquetación e edición do Diario Oficial de Galicia, traballo polo que tamén recibe un bo pellizco da Xunta de Galicia.

DEREITOS HUMANOS

    O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, cuxo texto completo transcríbemos a continuación.

DEREITO Á VIVENDA

    A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) entregou unha carta no Ministerio de Economía na que piden unha reunión co ministro Luís de Guindos ou con representantes cualificados do Ministerio e da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestructuración Bancaria (Sareb). O obxectivo: tratar sobre a situación das vivendas que esta entidade mantén baleiras e a súa posible cesión a un parque de vivenda de aluguer social, unha das demandas máis repetidas desde esta plataforma.

SANIDADE

    A Plataforma para a defensa e mellora da sanidade pública da Coruña denunciou que a Xunta está "desfacendo" o sistema sanitario público galego que colocou nunha situación de "risco".

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 UNIVERSIDADE
    Aínda que a Xerencia non remitiu o calendario laboral de 2015 de xeito oficial, advertíusenos de que o día 28 de xaneiro, San Tomé de Aquino, festa oficial na universidade, trasladarase ao luns, día 26. Corresponde, polo tanto, realizar o cambio no que era proxecto de calendario que vos xuntamos no PASquín anterior.
 MOVEMENTO OBREIRO - FERROL
    Desde moi cedo, furgonetas policiais de antidisturbios chegadas da Coruña, ocuparon as rúas de Ferrol. Fileiras de operarios de Navantia, de Fene e Ferrol, saían en marcha para protestar ante o desmantelamento do naval na nosa Comarca.
 DEREITO A TEITO
    Parece e podería ser que Josep Manuel Novoa e Elpidio Silva dean coa fisura no sistema que permitiría non só paralizar os desafiuzamentos senón ata buscar responsabilidades penais entre os banqueiros. Reproducímosvos un fragmento do post onde se explica onde podería estar a brecha:
 LINGUA
    Marcos Maceira: “Os datos do IGE confirman o que a Mesa leva décadas denunciando, que a meta á que nos levan as políticas do PP é a substitución do galego polo español. É hora de mudar radicalmente a política lingüística da Xunta e actuar decididamente para que o galego non esmoreza”
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      NON Á LEI MORDAZA

       
        O PP QUERE XUICES Á CARTA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript